Premian un estudo sobre a 'domesticación' do castiñeiro pilotado desde o Campus Terra

Un grupo de Agronomía liderou o traballo en colaboración con investigadores internacionais
El grupo de Agronomía premiado. EP
photo_camera O grupo de Agronomía premiado. EP

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) concedeulle o Premio de Investigación 2019 -a científicos sénior- a un estudo xenético sobre o castiñeiro no sur de Europa que foi realizado polo grupo de Agronomía do campus de Lugo -da USC-, que coordina o catedrático Santiago Pereira, en colaboración con investigadores franceses, italianos, andaluces, vascos e estremeños.

Ese estudo demostrou que "as primeiras prácticas de domesticación instantánea", ou o que é o mesmo do cultivo mediante enxertos, foron "realizadas en Galicia a principios do século XV", segundo informou a Universidade de Santiago de Compostela.

O equipo liderado polo grupo de Agronomía do campus de Lugo contou para realizar esta investigación con científicos do Instituto Nacional de Investigación Agronómica de Francia -Universidade de Bordeus-, do Instituto de Investigación do Ecosistema Terrestre de Italia, das universidades de Córdoba e Estremadura e do Centro de Recuperación de Recursos Xenéticos de Álava.

O estudo científico, que foi coordinado polos investigadores galegos Santiago Pereira e Ana María Ramos, constitúe "a primeira análise xenética de castiñeiros monumentais no sur de Europa".

Juan Cuñarro. EP

A RAGC tamén premiou na categoría de investigadores novos o biólogo Juan Cuñarro -investigador do CiMUS-, polo seu traballo para identificar unha nova diana de terapias contra a obesidade. 

Mención honorífica á lucense María Celeiro
Tamén foi outorgada unha mención honorífica para investigadores sénior á lucense María Celeiro. En equipo con María Llompart, recibiu o recoñecemento da RAGC polo desenvolvemento dunha metodoloxía in situ para a monitorización de contaminantes emerxentes en augas.

A científica do Instituto Cretus demostra "a eficacia do seu método para a detección e análise de 43 sustancias químicas presentes en cosméticos nas augas de ríos próximos á costa galego-portuguesa no prazo de tan só 23 minutos".
Mencioâ??ün investigacion Mariâ??üa Celeiro e Mariâ??üa Llompart

Comentarios