Precintan dous pubs da Rúa Catedral e Pintor Villamil por numerosas irregularidades

O local do centro histórico non cumpría practicamente ningunha medida de seguridade e o outro carecía de licenza. A Policía Local desaloxounos ao comprobar que estaban abertos a pesar de ter orde de peche
Uno de los locales denunciados está en la Rúa Catedral. AEP
photo_camera Uno de los locales precintados está en la Rúa Catedral. AEP


Axentes da Policía Local de Lugo precintaron a fin de semana dous locais de lecer nocturno da capital que estaban a funcionar a pesar de ter orde de peche por multitude de irregularidades. Un dos establecementos, situado na Rúa Catedral, nas inmediacións do monumento, foi precintado na madrugada do día 3, cando os axentes Grupo Operativo Nocturno comprobaron que tiña as súas portas abertas e había clientes no interior, a pesar de que non podía estar a funcionar.

O local tiña unha orde de peche por strong <>presentar deficiencias como: carencia de sistemas de peche automáticos de strong<> as portas, carencia dun número determinado de extintores, falta de iluminación de urxencia, ausencia dos carteis esixidos pola normativa de espectáculos públicos, presentar cables á vista e algúns sobre madeira, falta de funcionalidade do rexistrador e limitador de son, acceso ao establecemento non axustado á normativa de accesibilidade e carencia de carteis de cámara de vidiovigilancia, entre outras.

Así mesmo, os axentes comprobaron que outro establecemento de lecer nocturno situado na Rúa Pintor Villamil estaba aberto ao público con actividade, a pesar de que tamén tiña orde de peche tras outra inspección da Policía Local, na que os axentes comprobaran que non tiña ningún tipo de licenza. Os policías procederon ao desaloxo e precintaron o local.