O prazo para pedir postos na Praza amplíase tras recibirse 50 solicitudes

O Concello oferta 13 espazos de venda en cada un dos dous edificios de abastos, así como catro cámaras e catro almacéns
En el mercado de Quiroga Ballesteros se ofertan 13 puestos. EP
photo_camera No mercado de Quiroga Ballesteros ofértanse 13 postos. EP

A concelleira de participación e servizos para os veciños, Cristina López, anunciou este mércores na rolda de prensa posterior á xunta de goberno que o Concello decidiu ampliar o prazo para solicitar os postos de venda e almacenamento que se ofertan en réxime de concesión na praza de abastos e o mercado municipal de Quiroga Ballesteros.

Cristina López, que recordou que ata o momento se recibiron medio centenar de solicitudes para facerse cuns destes espazos, explicou que as empresas e persoas interesadas terán de prazo aínda ata o 20 de xaneiro para formalizar a inscrición nesta convocatoria.

A concelleira explicou que se ofertan un total de 13 postos na praza de abastos, dos que cinco están agora ocupados temporalmente, e outros 13 no mercado municipal, dos que seis tamén contan actualmente con inquilino.

Ademais, tamén se poñen a disposición dos interesados catro cámaras frigoríficas e catro almacéns habilitados nos dous recintos municipais.

Por outra banda, a xunta de goberno aprobou a corrección dun erro na descrición dos postos detectada no prego.

Comentarios