jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Praza e Mercado seguen abertos en Lugo

Un cliente haciendo la compra en un puesto de la Plaza. VICTORIA RODRÍGUEZ
Un cliente haciendo la compra en un puesto de la Plaza. VICTORIA RODRÍGUEZ
Comerciantes únense para repartir os seus produtos xuntos a domicilio ► O Concello aclara que se pode acudir desde calquera punto de Lugo

Mércores, unha da tarde. No mercado de Quiroga Ballesteros non había nin un só cliente. Na praza de abastos a imaxe non era máis alentadora, tan só dúas. Os empresarios non cren que o notable descenso de usuarios sufrido na última semana e media sexa só efecto do confinamento. Tamén consideran que moitos cidadáns cren que ambas as instalacións municipais están pechadas, talvez confundidos porque non se poden celebrar os mercados tradicionais dos martes e os venres.

“O Mercado está triste. Moitas persoas non saben que está aberto, outras teñen medo a saír á compra”, afirma Mar Vázquez, que atende a súa frutería ataviada con máscara e luvas.

A concelleira responsable desta área, Cristina López, dedicouse este mércores persoalmente a colgar nas portas de acceso carteis coa mensaxe de ‘A Praza está aberta, ven mercar', por mor das demandas dalgúns comerciantes. Estes tamén solicitan que se dispense ás entrada luvas e xeles desinfectantes.

Desde o goberno local, que acordou non cobrar o aluguer aos comerciantes que rexentan o máis de medio centenar de postos que están en activo en ambas as instalacións municipais, aclarouse este mércores que os lucenses pode acudir á praza de abastos desde calquera punto da cidade porque é a única que hai.

Mar Vázquez: "O Mercado está triste. Moitas persoas non saben que está aberto, outras teñen medo a saír a facer a compra"

REPARTO COMÚN. Ante a crise que nalgúns casos supón un descenso das vendas do 70 ou 75%, os placeiros non baixan os brazos. Un grupo, que rexenta postos diferentes (carnicería, pescadería, frutería, quesería e incluso ferraxería), ofrece un servizo común gratuíto a domicilio.

“Entre os compañeiros axudámonos. Cada un leva mercancía súa e doutros postos para que así só teña que ir unha persoa á casa do cliente”, explica María Lolo, que recoñece que ve “con preocupación” a situación pola que están a atravesar.

A súa veciña de posto, María Luisa Arias, que advirte de que “necesitamos unha axuda gorda desta volta”, destaca, como un atractivo destas instalacións municipais nesta situación de urxencia sanitaria, que “non hai aglomeracións, os produtos son de primeira calidade e só manipulámolos nós, con luvas”.

Non todos son postos de alimentación, tamén hai por exemplo unha ferraxería. O seu titular, Roberto Corbeira, di que estes días que hai persoas que acoden á compra e “aproveitan para mercar pezas para facer algunha reparación caseira, agora que teñen tempo, ou para manualidades ou bricolaxe para entreterse”.

Contan tamén que o peche da hostalería está a pasarlles factura e que se deron casos puntuais de provisión, como o dunha muller que levou uns 20 quilos de plátanos.

Praza e Mercado seguen abertos en Lugo
Comentarios