A Praza de Abastos acolle o torneo de futbolín Mestres do Norte

O torneo, organizado pola Asociación de Amigos do Futbolín en colaboración co Concello, achegará a Lugo a máis de 400 xogadores e xogadoras. Celébrase entre o 13 e o 15 de agosto e é gratuíto.
Presentación en Lugo del torneo de futbolín Maestros del Norte. CEDIDA
photo_camera Presentación en Lugo do torneo de futbolín Maestros del Norte. CEDIDA

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentaron, xunto con integrantes da Asociación Lucense de Futbolín o torneo Mestres do Norte, que se celebrará no fin de semana do 13 a 15 de agosto na Praza de Abastos.

A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "con esta cita continuamos aumentando a oferta de actividades na Praza e do Mercado, achegando unha nova oferta de lecer para a ponte de agosto".

Cristina López: "Continuamos aumentando a oferta de actividades na Praza de Abastos, ampliando a oferta de lecer da cidade neste ponte"

O torneo achegará a Lugo a 400 xogadores de futbolín, e acollerá a terceira edición do Campionato Estatal de Futbolín, un dos torneos máis importantes a nivel estatal.

A actividade comezará o día 13, na modalidade Parado, entre as 10 e as 22:00. O domingo 14, o torneo continuará no mesmo horario coa modalidade Movemento, e en ambas as competicións contarase con categorías Pro, Master e Avanzado.

O torneo finalizará o luns 15 co torneo de seleccións organizado pola Federación Española de Futbolín, entre as 10:00 e as 15:00, e que xuntará aos mellores xogadores do estado.

A Asociación Lucense de Futbolín foi creada en 2018 co fin de promover e dar visibilidade a este deporte, fomentando a práctica do xogo inventado por Alexandre de Fisterra.

Comentarios