O PP solicita a convocatoria urxente da Mesa de Transporte para estudar a corrección dalgunhas liñas de autobuses

Máis de medio cento de veciños de Conturiz trasladaron aos concelleiros populares o seu malestar pola supresión do bus que ía ata o centro médico en Fingoi e aos institutos

Reunión cos veciños. PP DE LUGO
photo_camera Reunión cos veciños. PP DE LUGO

O Partido Popular pedirá a reunión urxente da Mesa de Transporte para trasladar ao bigoberno as numerosas queixas que estes días están recibindo con respecto a posta en marcha das novas liñas de autobuses. Unha das peticións que lle van trasladar ten que ver coas liñas que dan servizo aos veciños das parroquias de San Andrés de Castro, San Xoán de Pena, Santa Comba, Recimil, San Mamede dos Anxos e Nadela.

"Queremos, o antes posible trasladar as peticións dos veciños á área de mobilidade co obxecto de corrixir ou mellorar o novo deseño do transporte público de Lugo", explicaba o vicevoceiro popular Antonio Ameijide tralo encontro que tivo lugar este martes con medio cento de veciños afectados.

Os populares trasladarán estas reclamacións ao bigoberno que reúnen en tres puntos:

  • Intentar que algunha das liñas que da servizo á zona de Conturiz achegue aos veciños ao Centro Médico de Fingoi ou o entorno (zona Fonte do Rei) 
  • Dar unha solución para aqueles estudiantes de bacharelato que van aos institutos de Ramón Ferreiro e que agora quedaron sen servizo. 
  • Outra demanda ten que ver coa liña que vai a Nadela e que se prolongou ata Santa Comba. Agora ao aumentar o traxecto diminuiu o tempo que deixa aos veciños en Lugo para facer xestións, polo que se deberían espaciar os horarios para que permitan aos veciños ir á cidade a facer as súas xestións e volver en transporte urbano 

Comentarios