O PP propón atraer a Lugo peregrinos de vilas próximas durante o Xacobeo

Peregrinos en la Praza Maior. ARCHIVO
photo_camera Peregrinos na Praza Maior. ARQUIVO

A edil do PP Beatriz Vázquez propón que se aproveite o tempo de descanso dos peregrinos que estean en Sarria, Portomarín ou Palas para promocionar Lugo e animalos a visitar a cidade con tres patrimonios da humanidade con motivo de que este e o próximo son Ano Santo. 

"É o momento de aproveitar o tirón do Camiño de Santiago para impulsar Lugo como destino turístico seguro, tendo en conta a cantidade de vacinados e o bo sentidiño que teñen os lucenses", afirmou esta concelleira. 

Beatriz Vázquez considera que se se fai "unha promoción atractiva" e se funciona "un transporte de ida e volta por un prezo módico" poderíase "atraer a moitos camiñantes a visitar Lugo"

Esta edil tamén reclama a edición de novos folletos, xa que considera que no punto de información de turismo da Praza Maior está a entregarse un "xenérico" editado en 2015 que remite a aplicacións que "non existen ou están desactualizadas". 

"Botamos en falta un tríptico específico que promocione os tres patrimonios que ten Lugo, entre os que está o Camiño Primitivo", explicou Beatriz Vázquez. 

Os populares tamén demandan a humanización de varios puntos do Camiño Primitivo ao seu paso pola capital lucense, como as escaleiras de San Eufrasio con Fontiñas; a confluencia do Carril das Flores con Ronda da Muralla ou os pasos subterráneos da calzada da Ponte e A Louzaneta.

Comentarios