O PP preguntará ao goberno local se pediu a cesión do tramo da N-6 que cruza Nadela

Recorda que os veciños negociaron esa petición co Concello pero non saben en que punto están os trámites
Travesía de Nadela. AEP
photo_camera Travesía de Nadela. AEP

O grupo municipal do PP quere saber en que punto atópase a posible cesión dun tramo da N-6 ao Concello de Lugo, concretamente o que transcorre por Nadela,  "unha petición que os veciños da zona explican que negociaron co goberno local pero da que nada máis volveron a saber".

Os concelleiros populares realizarán varias preguntas na comisión correspondente para coñecer como está ese trámite —"se é que ou Concello de Lugo a comezou", puntualizan— e se está previsto dar un tratamento de vía urbana a este tramo, algo que facilitaría determinadas actuacións que limita a lei de estradas, como unha humanización da zona.

"O feito de conseguir a titularidade da totalidade do tramo da N-VI que transcorre polo permitiría avanzar na conexión da trama urbana da cidade coa zona fluvial, sempre tendo en conta a prioridade de preservar a contorna para o goce dos cidadáns", explican os edís do grupo municipal do PP.

Comentarios