miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

O PP pide máis vixilancia nos actos do Concello tras o acontecido no Vello Cárcere

Imaxes tomadas no Vello Cárcere. EP

Tras a difusión das imaxes tomadas polos veciños de Soto Freire durante un acto celebrado no Vello Cárcere, o grupo municipal do PP pediu este domingo ao bipartito "que non xogue coa saúde dos lucenses e garantan que se cumpran as medidas sanitarias nos actos organizados polo Concello de Lugo".

Os populares sinalan nunha nota que fan súas as queixas dos veciños despois de que "se producisen concentracións de xente no entorno deste centro cultural en actos programados polo goberno local, aglomeracións nas que tivo que intervir á Policía xa que non se respectaban as medidas sanitarias nin de distanciamento social".

"Despois de que Lara Méndez pedise aos lucenses que evitasen as xuntanzas e cumprisen as medidas decretadas polas autoridades", desde o PP din non entender "que o goberno local non poña todas as medidas necesarias para garantir as medidas de seguridade e distanciamento social". 
 

O PP pide máis vixilancia nos actos do Concello tras o acontecido...
comentarios