O PP pide a instalación dun punto de recarga para coches eléctricos no Ceao

Desde o grupo popular indican como neste momento non se pode aproveitar a infraestrutura que se montou fai 14 anos
Recarga-coches-electricos

O grupo municipal do Partido Popular urxe ao goberno local a aproveitar a zona que ocupa o parque de enerxías alternativas do Ceao e insiste en que se estude a posibilidade de crear neste espazo unha zona útil como un punto de recarga de vehículos eléctricos, un espazo para aparcar ou zona de esparexemento.

O PP asegura que o goberno local xa gastou neste punto máis dun millón de euros desde que se instalou no ano 2007. A esta cantidade engádese que este parque de enerxías alternativas só estivo en funcionamento desde 2014 a 2017, tempo no que foi "totalmente deficitario", xa que consumiu máis enerxía da que produciu. Desde o Partido Popular sinalan que "é totalmente deficitario e un novo experimento errado do PSOE".

Desde o grupo popular indican como neste momento non se pode aproveitar a infraestrutura que se montou fai 14 anos coa idea de fomentar o uso de enerxías alternativas pero que, "de xeito evidente, foi un auténtico fracaso", dos socialistas.

Comentarios