O PP pide ao Concello que se involucre polo veciño en folga de fame

2020070411433770326
photo_camera Juan Carlos Rivas na Praza Maior. XESÚS Ponche
O PP pediu onte que o goberno local tome cartas no caso do veciño da Avenida da Coruña que iniciou unha folga de fame porque os seus veciños non lle deixan durmir. Os populares din que a alcaldesa non pode alegar descoñecemento, xa que a situación da familia coñécese desde hai tempo e sosteñen que o Concello ten que facer cumprir a normativa legal sobre o control de ruídos e levar a cabo as medidas necesarias para conseguir que as perturbacións por ruídos ou vibracións non excedan os límites establecidos.

O home en folga de fame, Juan Carlos Rivas, recibía onte peticións da súa familia e dos seus amigos para que abandone a folga de fame.

O home, que está enfermo, dicía onte que sentía cansado pero que levaba ben a folga e explicaba que soportara ben a noite, aínda que fixo bastante frío. Relataba que ninguén do goberno local falou con el, aínda que unha persoa foi a pedirlle que depuxese a súa actitude, contaba.