PP e Lugo Monumental piden que se investiguen os ataques á fonte de San Vicente

A asociación expón instalar cámaras de vixilancia

Lugo Monumental e o PP pediron ao Concello medidas para atallar accións incívicas como a vivida na madrugada do sábado na Praza do Campo, onde dous mozos, durante a actuación dun grupo, se empolicaron ao alto da fonte pondo en risco un monumento que tivo que ser restaurado tras ser tirado 

AO CHAN EN 2016. O portavoz do PP, Antonio Ameijide, pediu que se investigue quen son os autores deste novo ataque á fonte "e se lles aplique a lexislación oportuna".

Lugo Monumental expón instalar cámaras de vídeovixilancia e recorda que nada se sabe da autoría do anterior ataque. ademais, advirte de que a base da fonte presenta unhas gretas que poden facilitar "un dano moito máis grave aínda".