O PP de Lugo destaca o apoio da Xunta ás comunidades de montes para previr incendios

A cifra facilitada polo Goberno galego ascende ata os 495.000 euros, que beneficiarán a un total de 44 solicitantes
Incendio no monte de Chamosa, Forcarei. PATRI FIGUEIRAS
photo_camera Incendio no monte de Chamosa, Forcarei. PATRI FIGUEIRAS

O Partido Popular da provincia de Lugo emitiu unha nota de prensa destacando o "importante apoio" que a Xunta de Galicia está a prestar ás comunidades de montes para previr incendios forestais. 

Estas axudas materialízanse nunha partida de case 500.000 euros que o Goberno galego dirixe a 44 comunidades de montes veciñais, agrupacións, mancomunidades e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), dun total de 14 municipios da zona centro da provincia de Lugo. 

A cifra facilitada polo Goberno galego ascende ata os 495.000 euros, que beneficiarán a un total de 44 solicitantes. Con esta subvención 38 comunidades sufragarán os traballos de roza, mentres que as outras catro construirán puntos de auga. 

Os populares lucenses consideran que estas medidas "contribúen a manter limpos os montes"

Os populares sinalan que o obxectivo desta convocatoria é "diminuír os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade produtiva dos montes". 

O Executivo tamén enfoca esta misión en garantir "a protección adecuada para a fauna, a flora e a paisaxe", tal e como afirma o comunicado. 

Os populares lucenses consideran que estas medidas "contribúen a manter limpos os montes de face á prevención de incendios e retardan a propagación de posibles lumes". 

Comentarios