domingo. 12.07.2020 |
El tiempo
domingo. 12.07.2020
El tiempo

O PP lanza unha campaña que afea decisións da alcaldesa de Lugo

Os populares presentaron onte a campaña #ascousasdeLara na Avenida Rogríguez Mourelo. SEBAS SENDE
Os populares presentaron onte a campaña #ascousasdeLara na Avenida Rogríguez Mourelo. SEBAS SENDE

A iniciativa popular conta con cartelería inspirada no cine, cuxa entrega foi Aparcar en Lugo: Misión imposible 3

Coincidindo coa estrea na gran pantalla da última entrega da saga de Misión imposible, protagonizada por Tom Cruise, o grupo municipal do PP estrea unha campaña a pé de rúa e nas redes sociais, baixo a denominación #ascousasdeLara, para denunciar "as ocorrencias sen sentido da alcaldesa que nos saen moi caras aos lucenses", segundo afirmou o portavoz popular, Antonio Ameijide.

A campaña inclúe cartelería, inspirada no mundo do cine. A presentada o venres polos concelleiros do PP na Avenida Rodríguez Mourelo levaba por título Aparcar en Lugo: Misión imposible 3.

"Aquí temos a aprendices de Torrente, no canto de Tom Cruise para solucionar os problemas", ironizou Antonio Ameijide.

A batería de "bandazos" que a xuízo dos populares está a dar o goberno local que lidera Lara Méndez, está capitaneada pola falta dunha alternativa á Ora para regular o aparcadoiro. A próxima semana cúmprense tres anos da suspensión desta ordenanza, que a alcaldesa dixo que sería por "oito meses".

Recordaron ademais que a comisión de seguimento desta ordenanza leva dous anos e medio sen reunirse.

TRANSPORTE PÚBLICO. Ameijide tamén acusou á rexedora local de falta "de xestión e indefinición" porque non acometeu a remodelación integral do transporte público, nin o plan de mobilidade.

"Lugo segue sen ter un transporte urbano de calidade e o que ten é do século XX", afirmou o portavoz municipal do PP.

Outros dos anuncios de Lara Méndez pendentes que recordou Ameijide son os aparcadoiros disuasorios e a ampliación das prazas nos aparcadoiros subterráneos, para converter cada tres en dous.

O PP lanza unha campaña que afea decisións da alcaldesa de Lugo
comentarios