O PP lanza un boletín dixital para reforzar o seu contacto cos cidadáns

'Contigo Lugo' terá carácter periódico e terá tres seccións: pleno municipal, propostas do partido para afrontar os problemas lucenses e imaxes con visitas a barrios e parroquias

Candia y el resto de concejales del PP mostrando el boletín del partido. EP
photo_camera Candia y el resto de concejales del PP mostrando el boletín del partido. EP

Elena Candia líder da oposición municipal, presentou este luns o boletín dixital Contigo Lugo, que definiu como unha ferramenta para facer chegar aos militantes do PP e ao conxunto dos lucenses o seu labor no Concello de Lugo.

O obxectivo é reforzar a conexión cos cidadáns, apuntou a portavoz do PP no Concello, que avanzou que o boletín terá carácter periódico e incluirá tres seccións fixas: un balance das principais propostas presentadas ao pleno municipal cada mes, información sobre as propostas do partido para afrontar os problemas de Lugo e tamén imaxes das visitas aos barrios e parroquias dos edís do grupo popular.

Candia engadiu que se trata tamén de avanzar no compromiso de transparencia e rendición de contas e a promesa de seguir na rúa e escoitar aos lucenses.

No primeiro número do boletín inclúese tamén unha análise realizada por Elena Candia sobre os primeiros cen días de goberno municipal.

Comentarios