sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

O PP insta o Concello a emendar deficiencias de seguridade na estrada vella de Santiago

Sinais cubertos de maleza. EP
Sinais cubertos de maleza. EP

Critica os problemas na sinalización e que a maleza incluso invade unha vía que é un importante punto de acceso á cidade
 

O PP denunciou o abandono da entrada á cidade pola estrada vella de Santiago e pediu ao grupo de goberno que se solucionen as deficiencias ao ser unha das arterias máis importantes da cidade.

O viceportavoz da formación no Concello, Enrique Rozas, alertou dos problemas de sinalización da vía e da invasión de maleza que condiciona a seguridade viaria.

Rozas recalcou que, segundo os veciños, créanse "todos os días situacións de risco" polo estado no que se atopa a estrada.

Rozas, que visitou a zona xunto ao portavoz do grupo, Antonio Ameijide, apreciou falta de visión do goberno á hora de actuar. Así, detallou que se arranxou unha fochanca na zona e despois só pintáronse as marcas viarias na contorna no que se fixo esa reparación, cando se podería aproveitar para repintar todo o tramo e, dese modo, mellorar a seguridade viaria, como están a pedir os veciños, que viron crecer o tráfico da vía.

O viceportavoz popular pide aos socialistas unha actuación "inmediata"pois esta zona é unha das entradas á cidade con bastante "densidade" de circulación, sobre todo , desde que se fixo a rotonda con acceso á autovía Lugo-Santiago nas súas proximidades.

O PP insta o Concello a emendar deficiencias de seguridade na...
comentarios