Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

O PP di que hai dez anos que o Concello non toca os accesos á parroquia de Santa Cristina

Fochancas nunha das pistas de Santa Cristina de San Román. EP
Fochancas nunha das pistas de Santa Cristina de San Román. EP

O concelleiro, Manuel López, tamén puxo outros exemplos como a pista de Tedín, a de Allariz ou o acceso aos núcleos de Illar de Amigo e O Val

O concelleiro do grupo popular Manuel López denunciou o "pésimo estado" das pistas de Santa Cristina de San Román e pon a esta parroquia como exemplo "da discriminación que sufre o rural do Concello de Lugo". Según López, "hai dez anos que nin se tocan os accesos aos núcleos da parroquia, que están cheos de fochancas". O edil enumerou os casos para el máis "sangrantes", como son a pista de Tedín, a de Allariz ou o acceso aos núcleos de Illar de Amigo e O Val.

Manuel López asegurou que en todo o perímetro de Santa Cristina só hai unha única pista en estado "aceptable", que é a que une A Piqueira e O Val.

O popular tamén criticou a "improvisación" da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a quen animou a "visitar unhas horas antes das churrascadas as parroquias para coñecer a realidade coa que conviven".

López cre que outra "evidencia" de que os socialistas abandonaron o rural é que en 2018 non presupostaron "nin un só euro" para o seu saneamento, lembrou.

O PP di que hai dez anos que o Concello non toca os accesos á...
Comentarios