O grupo municipal do Partido Popular afirma que a sentenza da Audiencia Provincial que condena a cinco anos de cárcere por prevaricación e suborno presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e concelleira de Urbanismo de Lugo, Francisco Fernández Liñares, confirma "o modelo de caciquismo moderno" no concello da capital lucense.
Un modelo, dixo o seu portavoz, Ramón Carballo, que se caracteriza polo "uso abusivo dos contratos menores" para adxudicalos "a dedo".
Desde o seu punto de vista, a sentenza da Audiencia Provincial nunha das causas derivadas da Operación Pokemon "confirma o que moitos lucenses sospeitaban", porque se condena á persoa implantou o modelo de caciquismo moderno no Concello de Lugo", ademais de corroborar que "a corrupción campou ás súas anchas da man deste político do PSOE".
Para Carballo, "Liñares foi
"O Concello de Lugo está a vivir un dos momentos máis opacos da súa historia", precisamente polo "uso abusivo de contratos menores a dedo, así como pola falta dun responsable municipal de transparencia", lamentou Carballo.