domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

O PP denuncia seis puntos de acumulación de lixo xunto ao vertedoiro do Carqueixo

Imaxe dun dos vertedoiros. EP
Imaxe dun dos vertedoiros. EP

Carga contra o goberno local pola "desidia e irresponsabilidade" pola falta de vixianza nas parroquias

LUGO. O concelleiro do grupo municipal do PP Manuel López denuncia a existencia de "cinco ou seis" puntos de desperdicio nas inmediacións do antigo vertedoiro do Carqueixo. Explica que son lugares nos que se queiman rodas, cables e se tiran mobles vellos. Achaca a súa existencia á "desidia e irresponsabilidade" do goberno municipal pola falta de vixianza nas parroquias.

O popular explica que os novos puntos de vertido se atopan nas dúas entradas que ten o antigo vertedoiro do Carqueixo e nas súas inmediacións. "Está claro que os muros de terra que puxeron nas entradas fixeron o seu efecto, pero a falta de vixilancia provoca que se sigan a depositar residuos nas entradas e inmediacións deste punto", afirmou o popular.

USC. Pola súa parte, o grupo provincial do PP lembrou onte ao secretario xeral dos socialistas, Álvaro Santos, que dixo que a Deputación non aportará máis fondos ao campus da USC en Lugo, que as inversións da Deputación non dependen so do goberno provincial, que rixe en minoría.

O PP denuncia seis puntos de acumulación de lixo xunto ao...
comentarios