domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

O PP dá continuidade ás súas listas en Lugo, que encabezan De Olano e Barreiro

Barreiro e De Olano, durante unha reunión. EP
Barreiro e De Olano, durante unha reunión. EP

O Partido Popular de Lugo concorrerá ás próximas eleccións xerais cunha candidatura continuísta, "como corresponde a uns comicios excepcionais como son os do próximo 10 de novembro", segundo sinalan os populares. É un candidatura que ten por cabeza de lista ao Congreso a Jaime de Olano e, ao Senado, a José Manuel Barreiro. Os candidatos inician a carreira do 10-N co obxectivo de levar "á presidencia do Goberno a Pablo Casado, que é, destacan, o valor máis seguro para traballar a partir de todo o que nos une para superar os grandes retos aos que se enfronta España, no seu conxunto, e a provincia de Lugo en particular, tan afectada pola situación que atravesan empresas como Alcoa-San Cibrao e a térmica de As Pontes".

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, sinalou este martes que estas eleccións teñen un carácter excepcional, por moitos motivos. O primeiro deles, que "non deberon de ser necesarias". Candia indicou igualmente que, como se recolle no lema elixido polo PP para esta convocatoria electoral, este é "o momento de buscar todo o que nos une, o que une a sociedade española; é o momento de fuxir de conflitos". "É o momento de elixir o que nos une", asegurou.

O cabeza de lista ao Congreso, Jaime de Olano, amosouse "moi agradecido" pola confianda depositada nel para encabezar a lista ao Congresoe así poder "defender os intereses da miña provincia, de Galicia e dos españois". De Olano adiantou que a primeira iniciativa que levará ao Congreso será pedir "a supervivencia e mantemento da actividade industrial de Alcoa e de todos os empregados". 

Pola súa banda, José Manuel Barreiro manifestou o seu agradecemento ao partido por confiar denovo en el e expresou "un compromiso claro e total na defensa dos intereses da provincia". Engadiu: "Desde Lugo temos que contribuír a conseguir a estabilidade que necesita España e non ten". Barreiro está convencido de que os cidadáns saberán valorar electoralmente, despois da inestabilidade e a falta de eficiencia dos meses de Goberno de Pedro Sánchez, que o PP si sabe xestionar, como quedou claro durante a presidencia de Mariano Rajoy, e como o demostra cada día a Xunta presidida por Alberto Núñez Feijoo. A Lugo, di Barreiro, interésanlle o PP e Casado.

CAMBIOS. Na lista do Partido Popular hai algún cambio nos suplentes en relación á anterior convocatoria electoral. Así, o exconcelleiro de Lugo Enrique Rozas, traballador civil de Defensa, ocupa o posto de primeiro suplente de José Manuel Barreiro. Rozas, foi concelleiro popular durante catro mandatos municipais. Previamente desempeñou a xerencia de Deportes de Lugo.

O PP dá continuidade ás súas listas en Lugo, que encabezan De Olano...
comentarios