O PP critica ao Concello pola confusión creada á hora de organizar os actos do Samaín

Beatriz Vázquez pide seriedade, rigor e sobre todo unidade nas decisións que se adopten
photo_camera Dous lucenses no túnel do terror que montou cultura.

O PP censurou este sábado a "confusión" creada polo goberno local ao tomar decisións diverxentes respecto das celebracións de Samaín. O goberno, di, provoca o desconcerto de forma continuada entre os veciños.

Así, a concelleira popular Beatriz Vázquez sostivo que non ten sentido que, á hora de afrontar as repercusións na saúde pública das actividades culturais do Samaín programadas para este fin de semana, "a parte socialista anule a programación que depende deles mentres que a parte nacionalista mantén algúns dos actos organizados pola área de cultura".

"Os lucenses con estas decisións tan dispares non saben a que aterse, non saben se sair para ver o que hai o seguir as recomendacións de quedar na casa", manifestaba a edil do Partido Popular, quen pide seriedade, rigor e sobre todo unidade nas decisións que se adopten, neste caso concreto sobre a saúde da cidadanía posto que "os lucenses non merecen este tipo de bandazos", concluíu Beatriz Vázquez.

Comentarios