O PP considera que é "ficticio" o incremento de viaxeiros no bus urbano en Lugo

O edil Antonio Ameijide considera que os datos só explícanse en comparación coa baixada de usuarios durante a pandemia
Antonio Ameijide. ARCHIVO
photo_camera Antonio Ameijide. ARQUIVO

O PP considera que o incremento de viaxeiros do transporte público que reflicten os datos do goberno é "ficticio" e di que se se comparan cos de 2018 reflicten unha caída do 34 por cento no número de viaxeiros.

O viceportavoz popular, Antonio Ameijide, anunciou que pedirá o desglose dos usuarios de transporte público dos últimos anos para certificar se a última reforma animou aos lucenses a utilizar máis os autobuses.

A priori, cre que hai unha baixada e que o crecemento do último trimestre só explícase porque no 2020, durante a pandemia, os usuarios do bus baixaron moito.

Os populares, que inician unha campaña informativa na rúa para explicar as súas propostas para mellorar o transporte urbano de Lugo, anuncian que seguirán solicitando queixas de veciños afectados pola remodelación das liñas de bus.

As propostas do PP teñen como basee implantar os transbordos libres e a gratuidade dos viaxes para menores de 18 anos, xubilados e parados e Ameijide di que non se entenden os motivos polos que a bipartito renuncia á gratuidade dos billetes para menores de 18 anos "cando se trata dunha medida para facilitar a economía familiar e captar e educar a futuros usuarios nunha mobilidad sostible". Recordou, nese sentido, que a Xunta xa ofrece gratis a este colectivo o transporte metropolitano.

Comentarios