O PP calcula que hai 100 afectados por un sobrecusto na factura da auga do 264%

Un grifo agua de la traída. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Unha billa. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O portavoz municipal do PP, Ramón Carballo, anima a todos os lucenses que se viron afectados por unha subida excesiva na factura da auga a reclamar. Calcula que pode haber sobre un centenar de afectados e que o sobrecusto ten unha media dun 264% por enriba do importe que os usuarios viñan pagando.

Carballo ten intención de reunirse coa Unión de Consumidores de Galicia para abordar o problema deses cobros excesivos e recorda que o seu grupo empezou hai dúas semanas unha campaña para axudar a recuperar o diñeiro aos lucenses aos que se lles pasou un recibo con erros, dos que xa atendeu a máis de 50.

O portavoz popular recorda que os interesados poden poñerse en contacto co grupo municipal a través do teléfono 982297157, o correo electrónico [email protected] ou directamente acudindo ás oficinas do grupo no consistorio en horario de nove da mañá a dúas da tarde. Indica que, durante as conversas mantidas con algúns afectados e e colectivos, constatouse que hai barrios máis afectados que outros, como o das Gándaras, onde pode haber ata 40 veciños aos que se lles cobrou en exceso na última factura.

O PP recorda que levará ao pleno unha proposta para garantir que os lucenses están protexidos fronte a estes cobros excesivos.

Comentarios