O mercadillo de Frigsa foi unha das grandes vítimas nesta crise do Covid-19. Os vendedores (que viven este panorama noutros mercados e feiras) seguen notando o mesmo medo que ten a xente ao saír desde as fases de desescalada.
Os postos que se sitúan no parque A Milagrosa cada martes e venres continúan vivindo nun escenario onde a afluencia de clientes segue sen rexistrar os niveis anteriores á pandemia, do mesmo xeito que as súas vendas.
Mariña Martínez, posto de panadería: "Hai menos xente, pero agora mesmo teño unha venda estable. Noteino máis ao principio da desescalada"
A pesar do aumento dos puntos de venda, que se sitúan uns en fronte doutros, e dos protocolos sanitarios que se están seguindo (distanciamento e utilización de xel hidroalcohólico, entre outros) o mercadillo de Frigsa non conseguiu remontar as perdas xeradas durante a pandemia.
Amaro Giménez, posto de zapatos: "Hai que saír e traballar aínda que non haxa as mesmas persoas que antes. Non nos podemos quedar en casa"
"Acode moita menos xente e non paran a comprar", engade o vendedor Antonio Méndez no seu posto de ferraxería. No entanto, tamén xustifica esta situación "porque é verán e non hai tantas persoas. Vanse de vacacións e nótase moito máis".
Juan Carlos
COMPRADORES.O temor continúa, pero non entre todos. Aínda hai unha pequena porcentaxe que segue acudindo á súa cita semanal co mercadillo. "Non teño medo. Está todo moi ben preparado", asegura Ángeles, clienta habitual.
Ángeles Gómez, compradora: "Hai distancia e teñen xel. Vingo sempre e confío nos protocolos sanitarios que están a seguir"
Purificación Fernández, clienta: "Dáme un pouco de respecto vir. Hai máis postos, pero nós tamén temos a culpa. eles teñen que vender"
Os postos de Frigsa seguirán presentes cada martes e venres porque ante todo, van seguir loitando contra esta crise e conseguir vencela.