Os positivos diarios en Lugo estabilízanse ao redor da vintena

Hai 510 casos activos e permanecen hospitalizadas 19 persoas con covid-19
Test en el Auto Covid del Hula. XESÚS PONTE
photo_camera Test no Auto Covid do Hula. XESÚS PONTE

Cos contaxios diarios estabilizados ao redor da vintena, o maior número de altas deriva nunha lenta pero constante baixada de casos activos na provincia de Lugo. O último balance do Sergas, con datos actualizados ata as 18.00 horas do xoves, reflicte 510 infeccións activas, dez menos que un día antes. Houbo na pasada xornada 22 positivos confirmados mediante probas de diagnóstico, fronte aos 26 do mércores e os 22 do martes, e prescribíronse 36 altas.

A presión hospitalaria sofre mínimas variacións. Permanecen ingresados con covid-19 en centros da provincia 19 pacientes, un menos que un día antes, aínda que son catro os que están na Uci do Hula, un máis. En planta atópanse 15: oito no Hula (-3), un no Hospital da Mariña e seis no de Monforte (-1).

Desde que comezou a pandemia superaron o virus 19.008 persoas na provincia e faleceron con covid 254, aínda que o Sergas contabiliza 246 ao non incluír algúns decesos de lucenses rexistrados noutras provincias. O último falecemento notificado en Lugo foi o da unha nonaxenaria en Hula.CASOS LUGO

GALICIA.  A comunidade rexistra 2.580 casos activos por covid-19, 184 menos que un día antes, nunha xornada na que sumou 102 contaxios novos (trece menos) e na que volve descender a presión asistencial, con tres persoas ingresadas menos.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 8.00 horas do xoves había nos hospitais galegos 116 persoas con covid; das que 32 estaban na Uci (unha máis) e 84 en planta (catro menos).

Desde que comezou a pandemia en Galicia contaxiáronse 181.545 persoas con covid, das que se curaron 176.385 e faleceron 2.614, dúas delas notificadas nas últimas horas. 

A incidencia acumulada segue caendo en Galicia por baixo da media do país e sitúase en 82,3 casos por cada cen mil habitantes a catorce días por 96,3 do resto de España; mentres que a sete días é xa de 29,7 casos, o que supón dez puntos menos que a media, situada en 39 casos por cada cen mil habitantes, segundo os datos do Ministerio de Sanidade.

Por áreas sanitarias, todas elas continúan en descenso e a de Ferrol baixou de 100 casos (88) tras non rexistrar ningún contaxio novo por terceiro día nesta semana.