Un positivo na Deputación obriga a decretar o teletraballo no servizo de recadación 

Nas oficinas deste departamento quedará unha única persoa para atender de forma presencial
Oficinas de Recaudación de la Diputación. GOOGLE MAPS
photo_camera Oficinas de Recadación da Deputación. GOOGLE MAPS

O positivo en coronavirus dun traballador das oficinas a Deputación de Lugo obrigou a activar o protocolo anti covid no departamento de recadación da administración provincial, cuxo persoal desenvolverá as súas funcións de forma non presencial ata, como mínimo, que se coñezan os resultados do cribado. 

Unhas probas diagnósticas ás que, segundo explica o goberno provincial nun comunicado remitido aos medios na tarde deste martes, foron sometidos os 37 empregados dos servizos de recadación da Deputación de Lugo. 

Deste xeito, nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Tui da cidade de Lugo, haberá unha única persoa para atender de forma presencial. O resto de traballadores desempeñarán as súas funcións desde os seus fogares. 

No momento en que se coñezan os resultados do cribado, a situación será avaliada para "tomar as medidas que correspondan", conclúe o goberno provincial que encabeza José Tomei.