Os arqueiros son unha medida xa usada en Cambre e no aeroporto de Peinador

Tamén o concello de Vitoria tomou esta decisión

Una competición de caza con arco J VÁZQUEZ
photo_camera Unha competición de caza con arco J VÁZQUEZ

Recorrer a arqueiros para cazar xabaríns debido á súa superpoboación non é unha novidade. O Concello de Vitoria acordou a semana pasada botar man dos servizos destes profesionais.

En Galicia, o club coruñés Arco Herculés participou en varias esperas nocturnas para abatelos. O seu presidente, Óscar Novas, con raíces en Lugo, estivo presente en máis dunha ducia nos tres últimos anos, desde Cambre (A Coruña) ata un tecor da Ribeira Sacra e o aeroporto de Peinador, en Vigo.

Comentarios