Pontón propón baixar o Ive en alimentación, produtos de hixiene, a luz e o gas

A portavoz nacional do BNG presentou en Lugo as súas propostas para afrontar a subida de prezos, "a principal preocupación dúas galegos"
Ana Pontón, entre los miembros del BNG, este viernes en el acto que encabezó en Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Ana Pontón, entre los miembros del BNG, este viernes en el acto que encabezó en Lugo. SEBAS SENANDE

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este venres en Lugo nun acto con público no que presentou as propostas do BNG para facer fronte á subida de prezos, unha das cales é a redución do Ive.

"É preciso iniciar unha baixada selectiva do Ive en bens e servizos de primeira necesidade como son a alimentación, produtos de hixiene persoal e feminina, transporte público ou os servizos enerxéticos básicos como a luz e ou gas", destacou a portavoz nacionalista.

Pontón recordou que "a principal preocupación das galegas e galegos é a escalada de prezos que afecta as familias, aos sectores produtivos e ás empresas". Destacou a urxencia de abordar unha reforma do sistema fiscal para compensar a perda de poder adquisitivo dos sectores da poboación economicamente máis vulnerables, incrementando a progresividad do IRPF, e evitando a tributación sobre rendementos nominais e non reais. Tamén propuxo o aumento no límite de gasto de dietas e locomoción, converter o imposto de sociedades nun imposto progresivo e revisar os impostos de Patrimonio e o de sucesións e doazóns.

A portavoz do BNG volveu reclamar a aplicación dunha tarifa eléctrica galega a través do abaratamento das peaxes de transporte "por sermos un país produtor e excedentario de enerxía eléctrica". Ao seu xuízo tamén é imprescindible impulsar medidas urxentes para a contención da crise da industria electrointensiva, cunha tarifa estable.

Comentarios