lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

Os políticos de Lugo non veranean

Rubén Arroxo na casa familiar onde pasa moitas horas, aínda que el vive na cidade. VICTORIA RODRÍGUEZ
Rubén Arroxo na casa familiar onde pasa moitas horas, aínda que el vive na cidade. VICTORIA RODRÍGUEZ
A maioría optou por coller días soltos durante agosto e en lugares próximos para poder estar operativos e a disposición das súas institucións ante calquera problema que xurda

Neste ano atípico, marcado pola crise do Covid-19, os políticos lucenses pon os labores institucionais por encima das vacacións e quedarán pola provincia de Lugo.

Non vivimos un verán normal, de ningunha maneira. Moitas persoas cancelaron os seus plans estivais para quedar en casa debido ao temor que hai polo virus. Pola complicada situación e porque pode tocar traballar, os políticos tamén quedan. é o caso da alcaldesa e dos concelleiros. Sen ter datas e localidades claras, a maioría gozará de días soltos en agosto. Apostan por un turismo familiar e próximo, en Galicia, para poder estar operativos e a disposición das súas institucións.

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo: "Disfrutarei de días soltos coa miña familia e preto de Lugo para poder estar dispoñible ante calquera problema"

José Tomei Roca é un deles. O presidente da Deputación optou por gozar de días soltos para poder estar coa súa familia en Monforte. Maite Ferreiro, vicepresidente provincial, aproveitou a semana do 20 de xullo para pasar uns días en Castroverde, o seu municipio natal.

Os líderes do PPDEG van pola mesma liña. A mindoniense, Elena Candia, presidenta provincial do PP, tampouco ten uns días concreto para desconectar. A popular quere estar pendente das súas responsabilidades institucionais así como dedicarlle tempo á súa tese na área de dereito administrativo. Con todo, ao vivir en Mondoñedo, Candia pordría coller algún fin de semana e un par de días de agosto para facer unha escapada pola costa.

Ramón Carballo, portavoz local do PP: "Collerei algúns días durante ou mes de agosto e aproveitarei para ie a Miño e á miña casa de sempre, en Pedrafita"

Ramón Carballo, portavoz do PP, collerá días soltos para poder ir principalmente a Miño e ao seu fogar de sempre, Pedrafita.

Rubén Arroxo, tenente de alcalde, non ten plans nin tan sequera días de vacacións pedidos.

Os políticos de Lugo non veranean
comentarios