lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

O polígono das Gándaras "completa" a segunda fase e terá 1,7 millóns para a terceira

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. AEP
En canto a vivenda pública, Ángeles Vázquez avanzou que se consignarán 351.000 euros "para 40 novas vivendas en Garabolos"

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, confirmou este xoves que se está completando" a segunda fase do polígono industrial das Gándaras, na cidade de Lugo, e agora destinarase 1,7 millóns para a terceira fase.

Vázquez concretou que a segunda fase "xa está vendida", e agora destinan "1,7 millóns de euros á terceira, co que Lugo terá 55.768 metros cadrados máis de chan industrial".

Respecto diso, constatou que se trata dunha "superficie para 139 prazas de aparcadoiro e 33 novas parcelas". "Isto xa está licitado, e no principio do ano comezaremos as obras da terceira fase", anunciou.

Tamén a conselleira de Medio Ambiente celebrou o investimento que se destinan nos orzamentos da Xunta para a provincia de Lugo, no seu departamento máis de 40 millóns de euros.

Ángeles&Vázquez nbsp;comprometeu "garantir a implantación a nivel municipal do quinto colector"

Así debullou que no "programa Rexurbe para adquisición de vivendas e rehabilitación, Lugo recibe 3,2 millóns de euros para centros históricos; Lugo cidade, Viveiro, Ribadeo, Vilalba e Mondoñedo que serán os concellos que levan un maior investimento".

Ademais, seis millóns de euros "para mellora e ampliación de polígonos industriais", na capital da provincia, O Corgo, Cospeito, Palas de Rei, Meira e A Pontenova, abundou.

Ángeles Vázquez comprometeu "garantir a implantación a nivel municipal do quinto colector, e Lugo recibe 6,3 millóns de euros, e tamén para plantas de bioresiduos, en Cervo un millón de euros, para Riotorto ou a planta de transferencia de Lugo para a que se destinan trescentos mil euros".

NOVAS VIVIVENDAS. En canto a vivenda pública, a conselleira avanzou que se consignarán 351.000 euros "para 40 novas vivendas en Garabolos e 350.000 para obras e reparación de vivendas públicas" nesta provincia.

Vázquez destacou que se trata "duns bos orzamentos para Galicia", con 445,3 millóns de euros para a Consellería que xestiona, o que representa un 19 por cento "máis" con respecto ao último exercicio económico.

O polígono das Gándaras "completa" a segunda fase e terá 1,7...
comentarios