Dous policías salvan a vida dun bebé de dous meses en Lugo

O pequeno estaba a asfixiarse no momento no que interviñeron os axentes
Los agentes que intervinieron en Lugo para salvar a un bebé. MARÍA G.MORADO
photo_camera Vehículo da Policía Nacional. AEP

A pronta intervención de dous policías nacionais salvoulle a vida a un bebé de dous meses que estaba a asfixiarse en Lugo.

Os axentes estaban a realizar o luns un control de seguridade na Rolda da Muralla cando se puxo ao seu par un turismo que viña acelerando e tocando a bucina. As mulleres que ían no seu interior pedíronlles axuda porque, segundo aseguraron, morríaselles o bebé que levaba en brazos unha delas.

O menor tivo refluxos, dificultades para respirar, tiña a tez pálida e signos de lividez.

Á vista da urxencia e de que "non daba tempo a esperar por unha ambulancia do servizo médico", os policías subiron ás mulleres e ao bebé no coche patrulla e trasladáronse a toda velocidade ao servizo de urxencias pediátricas do Hula.

"Ao ser atendido coa prema necesaria para que a súa vida non correse risco, unha vez no hospital", o bebé foi "atendido e recuperado", explica a Policía Nacional.