domingo. 13.06.2021 |
El tiempo
domingo. 13.06.2021
El tiempo

A Policía Nacional requisa varias armas brancas na vivenda dos detidos por vender droga

Los efectos incautados. EP
Os efectos incautados. EP
Os investigadores detectaron que moitos dos compradores eran menores de idade

A Policía Nacional de Lugo requisó varias armas brancas "de grandes dimensións" na vivenda dos tres dentenidos o pasado martes por vender droga a menores na capital. O detidos —pai, nai e fillo— dedicábanse supostamente á venda de haxix e marihuana no piso no que residen, na rúa Alexandre Bóveda.

Segundo confirmou este mércores o portavoz policial, as investigacións iniciáronse a principios de 2020, "debido á crecente alarma social que xeraría a presenza dos detidos nun domicilio da zona, onde era continua a afluencia de persoas con aspecto de toxicómano". Os investigadores detectaron que moitos dos compradores eran menores de idade e tamén lles chamou a atención o feito de que "durante o período máis estrito de confinamento domiciliario pola crise sanitaria, a trasfega de persoas que acudían a comprar droga a este domicilio non se reduciu en ningún momento, senón que aumentou".

Tal e como adiantou este mércores este diario, sobre o pai pesaban cinco ordes de busca e captura, polo que foi envidado a prisión. A Policía Nacional impútalle tamén unha "perigosa fuxida" nun vehículo, rexistrada uns días antes, cando unha patrulla localizou ao home na zona da estación de autobuses e deulle o alto. O home dirixiuse a un vehículo, "metio medio corpo do mesmo a través do portelo" e fuxiu do lugar, impactando na súa fuga cun turismo que se atopaba estacionado na vía pública.

A Policía Nacional requisa varias armas brancas na vivenda dos...