Un policía nacional de Lugo disputará a fase preolímpica de loita nos Xogos de Tokio

José Cuba, natural de Vilalba, foi 15 veces campión de España absoluto e unha júnior
José Cuba. POLICÍA NACIONAL
photo_camera José Cuba. POLICÍA NACIONAL

O policía nacional José Cuba Vázquez –natural de Vilalba–, que presta servizo na Comisaría Provincial de Lugo, concretamente na Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, é un dos deportistas que foron seleccionados pola Federación Española de Loita para participar na fase preolímpica de cara a representar a España nos Xogos Olímpicos de Tokio, en 2020.

"Cuba, como é coñecido na Comisaría, atesoura un currículo moi amplo", dado que se dedica á práctica de Loita Libre Olímpica desde fai 20 anos, obtendo diversos e importantes resultados, tanto a nivel nacional como internacional", destacou o Corpo Nacional de Policía mediante un comunicado.

De feito, foi "membro do equipo nacional de loita libre olímpica na categoría pesada desde o ano 2002" e formou parte dos "equipos preolímpicos de Atenas 2004, Beijing 2008, Londres 2012, Río 2016 e agora de Tokio 2020".

No ámbito nacional, "foi 15 veces campión de España absoluto e unha júnior" e desde "2002 ata a actualidade gañou en todas as edicións do Campionato de España que disputou, perdéndose por lesión as edicións dos anos 2009, 2013 e 2016".

"Isto fai que actualmente sexa o loitador español con máis títulos de campión de España senior ou absoluto na modalidade de libre olímpica", engade, mentres que no ámbito internacional ha disputado "máis de 70 competicións" co equipo nacional e foi "o primeiro loitador español que conseguiu gañar unha medalla de ouro nun torneo internacional en Rusia".

O loitador lucense competiu en sete campionatos de Europa e outros tantos do mundo.