domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

A Policía alerta sobre un novo tipo de furto ao descoido en comercios e bares

Unha patrulla da Policía Nacional vixiando o centro histórico. AEP
Unha patrulla da Policía Nacional vixiando o centro histórico. AEP
O 'modus operandi' consiste en que o suposto cliente esquece o cambio e cando o dependente sae a buscalo, un cómplice entra e subtrae os cartos da caixa

A Policía Nacional advirte os comerciantes e hostaleiros lucenses ante "un novo tipo de modalidade delituosa" —consistente nun furto ao descoido— que comezou a detectarse en Madrid "e xa se propagou a outras localidades". Desde a comisaría lucense sinalan que, de momento, a comisaría provincial non recolleu ningunha denuncia por este tipo de actuación, pero piden ás persoas que teñan establecementos abertos ao público que estean alerta ante posibles casos.

Segundo advirten, o ‘modus operandi' consiste en que unha persoa accede a un establecemento comercial para realizar unha pequena compra, a paga en efectivo e deixa o cambio esquecido de forma intencionada. Cando o dependente se dá conta, sae do local en busca do cliente para devolverlle o diñeiro e un cómplice aproveita ese momento para furtar o contido da caixa rexistradora ou para levar produtos do comercio.

"Cobra especial importancia", apunta a Policía, "informar o sector comercial deste novo tipo de modus ‘operandi', posto que moitas das vítimas potenciais desta modalidade son os establecementos comerciais", apuntan. Tal e como sinalan desde o departamento de Participación Cidadá, "un dos nosos obxectivos desde o punto de vista da prevención é evitar que o sector do comercio convértase en vítima desta práctica", conclúen.

A Policía alerta sobre un novo tipo de furto ao descoido en...
Comentarios