A Policía Local rescata a un bebé encerrado nun vehículo coas chaves dentro

Os axentes romperon un portelo do coche para sacar ao neno, de catro meses, sen ningún dano
Avenida Infanta Elena de Lugo. XESÚS PONTE (AEP)
photo_camera Avenida Infanta Elena de Lugo. XESÚS PONTE (AEP)

Axentes da Policía Local de Lugo rescataron "en bo estado" a un bebé de catro meses que quedou encerrado nun vehículo coas chaves dentro durante varios minutos. 

Segundo relatou a Policía Local, ás 15.35 horas do pasado día 2 de agosto recibiu aviso dun neno que se quedou encerrado no interior dun vehículo no aparcadoiro dun establecemento da Avenida Infanta Elena de Lugo. 

Ao lugar trasladouse de inmediato unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que contactou coa nai do menor, un bebé de catro meses, o cal estaba no asento traseiro, "aparentemente en bo estado". 

Ademais, ao lugar acudiu unha dotación de bombeiros que, logo de valorar as circunstancias, procedeu a romper o cristal dunha dos portelos dianteiros do automóbil, que quedara pechado coas chaves dentro. 

Deste xeito, puideron sacar ao bebé do interior "sen ningún tipo de lesión", destacaron as mesmas fontes. A nai do neno, puntualizou a Policía, renunciou a asistencia médica, xa que soamente permaneceu no interior uns minutos.

Comentarios