miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

A Policía Local precinta unha atracción do San Froilán por presunta estafa

Entrada al recinto ferial. VICTORIA RODRÍGUEZ
Entrada al recinto ferial. VICTORIA RODRÍGUEZ
Unha parella denunciou que o responsable lles foi subindo o prezo da aposta e chegaron a gastar máis de 700 euros

A Policía Tolal precintou o luns unha atracción situada no recinto feiral de San Froilán por estafar supostamente aos clientes. Os feitos tiveron lugar ao redor das seis e media da tarde, cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que realizaba labores de vixilancia pola zona, foi requirida por unha parella que estivera xogando nun posto do feiral e que sentía "estafada".

Segundo contaron, a aposta custaba cinco euros e o propietario da atracción foilles duplicando o prezo, ata chegar á última xogada, na que pagaron a aposta a 320 euros.

Os axentes trasladáronse ata o posto indicado e, ante a acusación da parella en presenza da Policía, o encargado devolveulles os 720 euros que investiran.

Os axentes comprobaron que a actividade do posto "non se adapta á autorización expedida", xa que o posto está concibido para xogo de habilidade, pero desenvolve a actividade de xogo de azar, polo que os policías procederon a precintalo e comunicaron os feitos ao comisario do feiral.

A Policía Local precinta unha atracción do San Froilán por presunta...
comentarios