A Policía Local pechará temporalmente unha discoteca en Lugo por contaminación acústica

Aplicará a medida a partir deste venres, se o propietario do local Puro Teatro non a leva a cabo pola súa conta
Jóvenes congregados en Doutor Fleming, donde se repiten las quejas vecinales por las molestias.
photo_camera Jóvenes congregados en Doutor Fleming, donde se sucedieron las quejas vecinales por las molestias a las puertas de la discoteca. AEP

As queixas de veciños da Rúa Doutor Fleming da capital lucense polo ruído ás portas da discoteca Puro Teatro surtiron efecto. A Policía Local notificoulle ao seu propietario a suspensión temporal da actividade por contaminación acústica.

Esta medida cautelar aplicarase a partir deste venres se o dono do negocio non leva a cabo o seu peche. Os agentes constataron con diferentes medicións que as emisións de son do local superaban os valores establecidos na normativa.

Este local de lecer nocturno permanecerá pechado mentres que o seu titular non presente a documentación requirida polo servizo de licenzas e esta reciba o visto e prace dos técnicos municipais.

Segundo informou este mércores o equipo de goberno do Concello de Lugo, "a intervención, a cuarta que se realiza no último ano, obedece á directriz dada pola alcaldesa, Lara Méndez, de actuar contra os negocios que prexudiquen á convivencia cidadá".

"Dende o primeiro momento anunciamos que o goberno municipal faría todo o posible para conciliar o beneficio empresarial co dereito ao ocio da xuventude pero tamén ao descanso do conxunto da población, que debe poder durmir tranquila e saír á rúa sen medo" afirmou a alcaldesa, que no pasado mes de maio reuníase con representantes dos veciños de Doutor Fleming.

 

Comentarios