A Policía Local multa a vehículos que atravesan a praza peonil da Milagrosa

A todos impuxéronselles sancións de 200 euros
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera A praza da Milagrosa. XESÚS PONTE

A Policía Local tivo que intensificar os seus controis de tráfico na zona da Milagrosa, ao ter coñecemento de que moitos condutores estaban circulado sen autorización pola praza, que é peonil. De feito, segundo informou a propia Policía Local, no que vai de semana os seus axentes tiveron que multar a condutores de vehículos particulares e de repartición "que cruzan a praza sen autorización", co consecuente risco para peóns e nenos que xogan na mesma. A todos eles impuxéronselles multas de 200 euros.

Doutra banda, na noite do xoves ao venres os axentes tamén detectaron a outro condutor circulando por Camiño Real, ás 4.50 horas, conducindo logo de beber. Na proba deu positivo de 0,45 mg/ l, polo que se lle impuxo unha multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir.

Comentarios