A Policía Local multa a dez vendedores ilegais no mercadillo de Frigsa

Os afectados din que o que gañan non lles dá para darse de alta e propoñen só unha taxa
La intervención policial, este viernes. EP
photo_camera La intervención policial, este viernes. EP

A Policía Local este venres a dez vendedores ambulantes no mercadillo de Frigsa porque non tiñan autorización para instalarse. A sanción é de 600 euros e súmase a outras impostas en días pasados, o que está a xerar un gran malestar entre os afectados. 

Natalia Costoya erixiuse este venres en portavoz dos afectados, máis dunha decena de cidadáns de etnia xitana e de varias nacionalidades, algunhas sen permiso de residencia e todas con situacións económicas moi delicadas, asegura a muller.

Esa circunstancia e o feito de que o que adoitan vender son "catro trapos" e obxectos que recuperan de colectores ou que teñen en desuso nas súas casas fan que os ingresos que obteñen sexan tan reducidos que non lles permiten regularizar a súa situación para levar a cabo unha actividade comercial legal, argumentan os afectados, que din que si estarían dispostos a pagar unha taxa ao Concello.

A realidade é que a presenza destes vendedores xera queixas de vendedores legais e de persoas que acoden ao mercado e nalgunha ocasión a Policía Local detectou venda de artigos que non están permitidos.