A Policía Local de Lugo ten o seu primeiro intendente en 160 anos de historia

O elixido foi Jesús Piñeiro, que hai uns meses recibiu a Cruz da Orde do Mérito Civil
Jesús Piñeiro.VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Jesús Piñeiro. VICTORIA RODRÍGUEZ

A Policía Local da Lugo&desde este martes, por primeira vez nas súas 160 anos de historia, cun intendente para exercer os labores de mando, Jesús Piñeiro, que esta mañá tomou posesión do seu cargo nun acto presidido pola alcaldesa, Lara Méndez, no Concello da capital lucense. "Hoxe é un día moi importante para este corpo, que nos seus 160 anos de historia contará, por primeira vez, cun cargo de altísimo nivel, fundamental tamén para continuar completando a cadea de mandos", dixo a alcaldesa na súa intervención.

Desde o seu punto de vista, a cobertura desta praza supón "un salto cuantitativo e cualitativo na configuración da Policía Local, dado que mellorará a organización e a prestación de servizos" cidadanía, pero tamén supón un "avance no cumprimento dos cocientes de número de efectivos en relación á poboación do municipio". Ademais, a rexedora local aproveitou para enxalzar o traballo de Jesús Piñeiro á fronte da Xefatura de Lugo, un labor recoñecido fai tan só uns meses con Cruz da Orde do Mérito Civil.

Comentarios