A Policía Local de Lugo conta con catro novos inspectores

Lara Méndez presidiu este venres o acto de toma posesión
Toma de posesión. EP
photo_camera Toma de posesión. EP

Catro novos inspectores da Policía Local tomaron posesión nos seus respectivos cargos este venres, nun acto ao que acudiron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos. 

Os novos inspectores son José Manuel Río Espiño, José Luís Piñeiro Santos, Jesús Candal Rivas e José Antonio Mera, que estiveron acompañados no acto por só un familiar debido ás restricións sanitarias. 

Lara Méndez aproveitou o acto para felicitar a Jesús Piñeiro, Inspector da Xefatura, recentemente proposto para ingresar na Orde do Mérito Civil.

NOVOS AXENTES. Méndez recordou que 23 axentes procedentes da Axencia Galega de Seguridade incorporaranse nos próximos meses á Policía Local lucense.

Comentarios