A Policía Local interceptou na rúa a un mozo que portaba unha pistola falsa

O suceso produciuse cando os axentes dunha patrulla da unidade territorial de Policía de Barrio observaron a un mozo que circulaba en bicicleta e escondía un obxecto sospeitoso na cintura
Praza Armañá. GOOGLE MAPS
photo_camera Praza Armañá. GOOGLE MAPS

A Policía Local de Lugo interceptou na Praza de Armañá a un mozo que portaba unha pistola simulada, de características similares a unha real de 9 milímetros parabelum.

O descubrimento produciuse sobre as oito da tarde do xoves, cando os axentes dunha patrulla da unidade territorial de Policía de Barrio observaron a un mozo que circulaba en bicicleta e escondía un obxecto sospeitoso na cintura.

Tras parar ao mozo, de 26 anos, e comprobar que se trataba dunha pistola simulada, os axentes incautaron a peza e trasladaron ao portador á comisaría da Policía Nacional para a súa identificación, xa que carecía de documentación.

Comentarios