A Policía Local denuncia por exceso de velocidade a 33 condutores nunha semana

Os axentes realizarán varios controis ao longo do fin de semana
Control nocturno de la Policía Local en Lugo. AEP
photo_camera Control nocturno de la Policía Local en Lugo. AEP

Os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo velan a diario pola seguridade viaria no centro urbano e realizaron varios controis ao longo da última semana, que se saldaron con 33 condutores denunciados por exceder a velocidade máxima permitida. O último filtro levou a cabo na Rolda do Carmen e na Avenida Benigno Rivera, no polígono industrial do Ceao, e finalizou cunha ducia de multas.

A Policía Local realizou tamén outro filtro de seguridade viaria hai exactamente unha semana, o venres día 21. Ese día, os axentes montaron un dispositivo na Avenida de Madrid, e denunciaron a un total de 21 condutores por exceder a velocidade máxima permitida nesa zona.

Os axentes realizan continuamente controis nas principais vías da cidade e tamén noutras zonas, que son elixidas en función de circunstancias como as infraccións detectadas ou o número de accidentes rexistrados. A Policía Local realizará máis controis durante o fin de semana.

Comentarios