A Policía Local auxilia a un pato ferido e rescata a unha aguia no paseo do Miño

Ambos foron trasladados ao hospital veterinario Rof Codina 
Ave auxiliada por la Policía Local de Lugo
photo_camera Ave auxiliada pola Policía Local de Lugo. POLICÍA LOCAL DE LUGO

A Policía Local de Lugo auxiliou este pasado fin de semana a un pato salvaxe ferido que sangraba pola zona da cola e a unha aguia que acharon axentes inmóbil no paso do Miño. 

Segundo informou a Policía Local, na tarde do pasado 24 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu á rúa Álvaro Cunqueiro onde había un pato ferido, que sangraba pola zona da cola. 

Por iso, axentes sacárono da zona de vexetación e o pato foi trasladado ao hospital veterinario Rof Codina para recibir asistencia, sinalaron as mesmas fontes municipais. 

E na tarde do 25 de xuño unha patrulla localizou no paso do Miño, cerca do Club de piragüismo, a unha aguia que, puntualizan as mesmas fontes policiais, "estaba completamente inmóbil e non reaccionaba" ante a presenza dos policías. Foi rescatada polos axentes e trasladada ao hospital veterinario Rof Codina. 

comentarios