A Policía Local aborta unha quedada de vehículos no polígono das Gándaras

Os axentes tiveron constancia da quedada polas redes sociais e montaron un dispositivo para abortala

A Policía Local de Lugo abortou unha quedada de vehículos no polígono de sAs Gándaras na noite do venres ao sábado. 

O grupo operativo nocturno da Policía Local tivo coñecemento da quedada a través das redes sociais. En resposta, estableceu un dispositivo de seguridade viaria na zona para impedir calquera infracción ou a celebración de carreiras ilegais, algo que veñen denunciando os veciños desde hai meses. 

As patrullas policiais que se desprazaron ao lugar controlaron uns 35 vehículos e formularon varias denuncias por infraccións aos regulamentos da Lei de Seguridade Viaria.

Un positivo o sábado
O operativo repetiuse nas noites do sábado e o domingo e no mesmo foi sorprendido un condutor ás 4.40 horas conducindo baixo os efectos do alcol. Arroxou un resultado positivo de 0,71 e 0,63 mg/l de alcol.

A multa é&de nbsp;1.000 euros e carrexa a retirada de 6 puntos do permiso de conducir. Ademais, o vehículo ademais foi inmobilizado no lugar dos feitos.

Comentarios