Perde a vida unha muller ao caer polo oco das escaleiras dun edificio

Descártase a participación de terceiras persoas no suceso

Una ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Unha muller de 45 anos faleceu este martes nun edificio da zona de Garabolos tras precipitarse polo oco das escaleiras desde unha altura de oito pisos.

O feito, ocorrido nun portal da Avenida da Coruña, provocou un gran despregamento de medios de urxencias na zona, pero non se puido facer nada por salvar a vida da muller, dado o grave impacto da caída desde tanta altura.

Un particular chamou ao 112 pasadas as 13.15 horas. Foron alertados efectivos de urxencias sanitarias e das policías Local, Nacional e Autonómica. Descártase a participación de terceiras persoas no suceso.