A Policía detén en Lugo tres camelos con case un quilo de haxix

Os arrestados, que contan con antecedentes, son dous mozos de Lugo e outro da Coruña, de entre 25 e 30 anos
La droga y el dinero intervenido. CNP
photo_camera A droga e o diñeiro intervido. CNP

Os movementos "nada habituais", detectados nun domicilio da capital lucense, que realizaban estes tres delincuentes habituais, coñecidos por dedicarse a trapichear con sustancias estupefacientes, levantaron a sospeita dos axentes que xa estaban a realizar un control de tráfico de drogas.

Tras unha serie de investigacións e seguimento, a Policía Nacional detivo aos tres mozos, que levaban encima dúas placas de haxix e diñeiro froito da súa venda, e solicitaron unha orde xudicial para entrar e rexistrar a vivenda na que detectaron os movementos sospeitosos. 

Os axentes aprehendieron ademais nun rexistro domiciliario máis de 600 euros en billetes e útiles para manipular a droga

Nese rexistro interviñeron, entre outros efectos, máis de 800 gramos de haxix, varias doses de heroína, máis de 600 euros en billetes, diferentes útiles para procesar e vender droga e teléfonos móbiles.

A un dos detidos, que se atopa en situación irregular en España, intervéuselle un teléfono móbil de última xeración, valorado en máis de 1.000 euros, sobre o que había unha denuncia por roubo.