O asasino das Gándaras limpou o sangue dos pés da vítima

Os axentes da Policía Científica explicaron durante a terceira xornada do xuízo que o autor do crime utilizou unha fregona para intentar borrar o rastro
El juicio por el crimen de As Gándaras. SEBAS SENANDE
photo_camera El juicio por el crimen de As Gándaras. SEBAS SENANDE

Os axentes da Policía Científica que declararon este mércores na terceira xornada do xuízo polo crime das Gándaras fincapé en que o autor limpou a escena do crime cunha fregona e incluso o sangue que tiña os pés da vítima e que debeu intentar arrastrar o cadáver, que estaba no baño, pero que desistiu porque seguía sangrando.

Foi entón, segundo precisaron, cando tapou as feridas do pescozo cunha toalla. Engadiron que "a vítima non tiña feridas de defensa".

Tamén aseguraron que o coitelo de cociña co que se cometeu o crime foi semienterrado á beira do edificio no que residía Clara Expósito. Aseguraron que a arma branca foi ocultada intencionadamente porque "arrincaron un manto de terra para tapala".

Os axentes da Policía Científica dixeron tamén que a resposta da vítima á agresión foi "nula" e que no baño non había signos de pelexa.

"Ou non se lle esperaba ou estaba coas súas facultades mermadas", precisaron.