miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

A Policía actuou en Castelao ante as queixas pola movida nun pub

Jóvenes de fiesta, ya de día, en la rúa Castelao
Jóvenes de fiesta, ya de día, en la rúa Castelao
Estableceu un dispositivo de vixilancia e abriu expediente por non cumprir o horario

A Policía Local estableceu un dispositivo de vixilancia na Rúa Castelao -durante a noite do sábado ao domingo- e abriu expediente a un local de hostalería da zona, o pub Verona, por incumprir supostamente o horario. Os axentes comprobaron que o establecemento se atopaba aberto ao público ás 5.00 horas, a pesar de que o tipo de licenza do que dispón obrígalle a permanecer pechado entre as catro da madrugada e as dez da mañá.

A Policía Local obrigou aos responsables do pub a deter a súa actividade e trasladou a proposta de sanción á Subdelegación do Goberno.

Esta actuación policial prodúcese despois de que os veciños desa rúa presentasen varias reclamacións ante o Concello polos "constantes problemas" que xera a movida nocturna nesa zona, entre os que denuncian pelexas frecuentes, sucidade, rotura de botellas, danos nos edificios, carreiras de coches e moito ruído.

Os afectados presentaron incluso hai uns días un escrito na Subdelegación do Goberno pedindo unha reunión urxente da xunta local de seguridade. Os residentes da rúa Castelao reclamaban que se esclarecese canto antes que papel debe xogar cada corpo de seguridade á hora de resolver os problemas de convivencia que hai na rúa como consecuencia da movida nocturna. Logo dun ano denunciando de forma reiterada os problemas que sofren cada fin de semana, os veciños pedían que as administracións definisen dunha vez as súas competencias e comezasen a actuar.

Os afectados mostráronse "satisfeitos" coa intervención da Policía Local e esperan que continúe controlando a actividade do citado pub e os altercados que se producen na vía pública.

A Policía actuou en Castelao ante as queixas pola movida nun pub
comentarios