Contido patrocinado por Serfuja

Poden doarse órganos dun corpo falecido en calquera circunstancia?

Vendo que a familia dunha das nenas falecidas no inchable de Valencia decidiu doar os seus órganos, quería saber se este trámite se pode facer en calquera situación
Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA

A condición fundamental para que poidan doarse órganos é que o corpo se atope nunhas determinadas condicións que eviten un deterioro que provocaría que eses compoñentes non servisen para outra persoa. Iso pode ocorrer, por exemplo, pola falta de osíxeno.

Polo tanto, o máis habitual é que a familia tome esta decisión nos últimos momentos de vida do seu ser querido, o que permite organizar e preparar o transplante para que a operación sexa exitosa. De feito, en contra do que moita xente cre, en casos coma o dos accidentes de tráfico non sempre é posible realizar este trámite, xa que o tempo transcorrido entre o propio falecemento e a actuación sanitaria impide a intervención.

Dende o punto de vista legal, se unha persoa está segura de que quere doar os seus órganos, o máis recomendable é que recorra ao testamento vital e, ademais, que lle comunique a súa decisión á familia para que, chegado o momento, asegurarse de que se respecta a súa vontade.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas